Escoitar

Abel Caballero pide todas as garantías políticas e seguir os procedementos “coa máxima axilidade” da liña de alta velocidade por Cerdedo

O alcalde insiste na conexión en alta velocidade Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo.

martes, 7 dec 2021

Abel Caballero insiste na importancia do tren Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo. O rexedor sinala que é una demanda “irrenunciable” para a cidade e di que é a súa reclamación desde fai 14 anos que está ao fronte do consistorio.

“Vigo é a cidade máis grande de España que agora mesmo non ten garantido o tren de alta velocidade. Vigo é industrial, dinámica e para o sur de Pontevedra é imprescindible o AVE”, apunta o rexedor.

Por isto, Caballero pide todas as garantías políticas e seguir coa máxima axilidade os trámites, “sen sementar dúbidas”, da conexión Vigo-Ourense por Cerdedo para ir ata Madrid. “O AVE chegou a unha parte de Galicia. A outra parte, que é Vigo, non chegou. É un feito imposible de aceptar”, sentenciou.

O alcalde lamentou que o Goberno de Rajoy, do Partido Popular, freara os avances da liña de alta velocidade de Cerdedo e valorou que o Goberno de Pedro Sánchez reactivara a súa petición co estudo hidroxeolóxico, aínda que advirte que “é necesario seguir co axilidade para rematalo no tempo máis breve posible”.

Ademais, Caballero puxo de manifesto a importancia da liña por Cerdedo para completar o mapa ferroviario coa saída sur de Vigo que conectará a cidade con Porto, Lisboa e Setúbal en alta velocidade.