O Concello concedeu 106 novas axudas de emerxencia
O importe, próximo aos 19.000 euros, foron para os pagos de alugueiro, aloxamento, hipoteca e o pago da factura da luz.
O alcalde informou en rolda de prensa que a Comisión de Axudas de Emerxencia resolveu esta semana a concesión de 106 novas axudas cun importe de 18.982,30 euros.
Abel Caballero avanzou que 38 delas foros para pagar o alugueiro dos solicitantes, así como outras 11 para aloxamento 1 unha hipoteca. O resto, foron para pagar gastos, en especial as facturas da luz.
Esta nova forma de atender á política social suma xa 15.858 axudas que alcanzan as 47.432 persoas por un importe de 2.483.664,40 euros.
Caballero informou tamén que o albergue municipal conta con 4 prazas libres para mulleres mentres que non hai espazo para homes. Ademais, puxo de manifesto o traballo dos equipos de intervención na rúa que atenderon a 8 persoas do 29 de novembro ao 2 de decembro. O traballo destes profesionais é atender as persoas na rúa e ofrecerlles comida, bebida e aloxamento no CIIES.