Escoitar

O mercado do Calvario, protagonista do cupón da ONCE do 14 de decembro

Na propia praza do Calvario, este xoves foi presentada a imaxe que viste o boleto do sorteo do próximo martes, 14 de decembro. Cinco millóns e medio de cupóns levarán por España ao popular mercado municipal vigués, como parte da serie “Este es tu mercado” promovida pola ONCE.

xoves, 9 dec 2021
Foto de familia ao remate do acto, celebrado á entrada do mercado municipal.
Foto de familia ao remate do acto, celebrado á entrada do mercado municipal.

Durante a presentación, o alcalde agradeceu á ONCE e ao seu director en Vigo esta iniciativa, con “millóns de reproducións en toda España”, porque será “falar do mercado do Calvario e de Vigo, que está de moda, e falar tamén das e dos que traballan no mercado”. Abel Caballero afirmou que “comprar nos mercados locais é comprar un gran produto a un moi bo prezo e cunha atención personalizada excepcional”, polo que “imos seguir defendendo a compra no mercado, no pequeno e mediano e comercio”, modelo de proximidade do que o Calvario é “moi emblemático”.

Pola súa banda, Roberto Gaspar, director da ONCE en Vigo, agradeceu a presenza no acto do alcalde, Abel Caballero, e da concelleira de Benestar, Yolanda Aguiar, e do concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e trasladou que “o cupón é un símbolo que leva con nós 82 anos e decidimos acercalo aos mercados e, como non, ao mercado do Calvario, que ten case un século de vida”. Gaspar engadiu que a ONCE en Vigo “presta servizo a 960 persoas e emprega a máis de 800 persoas a través do seu grupo social e todo é posible grazas á solidariedade do pobo vigués”.

Foto de familia ao remate do acto, celebrado á entrada do mercado municipal.
Descargar todas as imaxes