Abel Caballero sinala “a dimensión turística de Vigo” cunha ocupación hoteleira do 66% o pasado fin de semana
O alcalde salientou que “a dimensión turística de Vigo mantense de forma notable” tras coñecer o dato da ocupación hoteleira “nun fin de semana intermedio do ano”.
Abel Caballero celebrou os datos de ocupación hoteleira do fin de semana pasado que acadaron o 66%. O rexedor amosou a súa satisfacción ao tratarse “dun fin de semana intermedio no ano” e subliñou “a dimensión turística de Vigo”.
Axudas de emerxencia
Por outra banda, Caballero explicou en rolda de prensa que a Comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 88 novas achegas por un importe de 14.740 euros.
O alcalde puxo de manifesto que “agora que existe o Ingreso Mínimo Vital, o Concello atende esta parte con apoios significativos e con inmediatez”.
Ata o momento o Concello concedeu 15.153 axudas de emerxencia que beneficiaron a 45.459 persoas cun total 2.362.684 euros.