O Concello presenta ao MITMA un proxecto piloto dos Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española
Para o proxecto de Axenda Urbana de Vigo “Cidade Humana” solicítanse 250.000 euros.
Abel Caballero presentou en rolda de prensa o proxecto de Axenda Urbana de Vigo “Cidade Humana” presentado ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao que solicítanse 250.000 euros para a execución deste documento.
“Elaboramos un proxecto para consolidar o noso modelo de cidade no xeito de por ao cidadán no centro da acción local”, explicou o rexedor. “Todo xira en torno ao concepto de humanizar”, seguiu.
A partida solicitada inclúe a propia elaboración a Axenda Urbana e Plan de Acción Vigo “Human City”, que inclúe a parte de contratación para a asistencia técnica e análise da situación. Outro eixo é a comunicación da propia Axenda Urbana, que, segundo relatou o alcalde, crearase una páxina web, pezas audiovisuais, material para medios, obradoiros de divulgación, entre outras accións.
Ademais, haberá un observatorio da Axenda Urbana de Vigo para monitorizar a acción cos indicadores, facer plans de avaliación... Outro dos eixos é establecer un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible en Vigo e por último o fortalecemento da gobernanza multinivel, para reforzar a presenza de Vigo entre as cidades vinculadas á Axenda Urbana e acordo de adhesión a novas redes.
Abel Caballero puxo de manifesto o avance do contido do plan coa incorporación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), o Vigo Vertical, a contribución do Concello ao cambio climático, o Plan de Acción contra o Ruido, o Plan de Transformación Integral da Administración Municipal, un Plan Salud, o proxecto Vigo Smart City, o PXOM, o PEPRI do Casco Vello, o programa “Camiño a Camiño” e os plans e programas de Benestar Social.