xoves, 21 out 2021
Celebrada estes xoves, a Xunta de Goberno Local adxudicou as obras de humanización da Praza Francisco Fernández del Riego, que contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros e doce meses de prazo de execución. O alcalde salientou que se ampliará o espazo peonil nun 30% con respecto ao actual e se instalarán pérgolas cun centenar de paneis solares.
xoves, 21 out 2021
A Casa das Artes acolle desde hoxe xoves e ata o 21 de novembro a exposición que abrangue case dous centenares de obras de Colmeiro, Seoane, Picasso e Vertès, catro artistas imprescindibles para comprender as correntes de vangarda do século XX.
xoves, 21 out 2021
“O graffiti e o cómic achegan dunha forma moi especial o valor das illas á mocidade”, asegurou o alcalde na presentación do primeiro certame de arte urbana que se celebra esta fin de semana en Navia. O proxecto forma parte das actividades da candidatura de Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade da Unesco.
xoves, 21 out 2021
Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración do V Congreso Internacional “Prevención e seguridade industrial 4.0” que organiza o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais e a Asociación de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral de Galicia no Círculo de Empresarios. Na súa intervención avogou pola importante responsabilidade das empresas que deben esforzarse para garantir a seguridade laboral do seu persoal ao cento por cento.