O alcalde lamenta a falla de investimento na cidade nos orzamentos da Xunta para o ano 2022
Abel Caballero explicou en rolda de prensa que a partida máis alta “son 65.398.000 euros para o fondo francés Meridiam que é a propiedade do Hospital Álvaro Cunqueiro”.
O rexedor criticou os orzamentos da Xunta de Galicia na cidade de Vigo para o ano 2022. Caballero subliñou que a partida máis alta “son 65.398.000 euros para o fondo de inversión especulativo francés Meridiam que é o propietario do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo”.
O alcalde bota en falta na área de política social a residencia de maiores en Teis “da que fala a Xunta” e non hai partida orzamentaria algunha para esta obras. “Págana Amancio Ortega”, replicou. Ademais afirmou “non haber partida para equipamentos sociais en Vigo. Todo o que hai son inversións dos fondos do Goberno de España dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.
En Educación lamentou que a Xunta “siga sin facer o instituto en Navia” e criticou que no mesmo barrio “digan durante anos e anos que haberá unha ampliación” e ouxo de manifesto que “con estes orzamentos non haberá vivenda protexida en Navia ata os próximos 10 anos”.
En materia cultural, a Xunta adica unha partida de 25.000 euros á creación dun Centro Galego de Arte Contemporáneo en Vigo ao que alcalde responde que “a esta velocidade se teñen que investir un millón de euros tardan 40 anos”.
Caballero cualificou os orzamentos da Xunta para 2022 como “os peores orzamentos da Xunta na historia para Vigo” insistiu en que “non hai nada” e reiterou o lamento ao pago dos 65.398.000 ao “fondo de inversión especulativo francés”.