Escoitar

A gran caixa de regalo volverá lucir este Nadal na Gran Vía cunha altura de 17 metros

O alcalde achegouse esta mañá ao inicio da montaxe do primeiro elemento ornamental do Nadal 2021. A gran caixa de regalo estará situada un ano máis no cruce entre Gran Vía e Urzáiz.

mércores, 20 out 2021

 

O alcalde visitou esta mañá o inicio da montaxe da gran caixa de regalo de Nadal, no cruce de Gran Vía con Urzáiz. Cunhas dimensións de 17 metros de altura, 8 de ancho e 15 de longo, actuará unha vez máis como un gran pórtico de entrada ao aparcamento, tal e como explicou o rexedor.

En cuanto á iluminación, a estrutura -que estará rematada unha semana – consta de luces led que permiten a emisión simultánea de cores, con diferentes formas e múltiples combinacións.

A caixa de regalo será o primeiro gran elemento ornamental do Nadal instalado na cidade, que virá seguido da bola do Farol de Urzáiz, que comenzará a cobrar forma en breve, segundo avanzou Caballero.

Descargar todas as imaxes