venres, 22 out 2021
Nun encontro con representantes do sector, Caballero trasladoulles que o Concello aplicará “na súa totalidade” as normativa sanitaria establecida pola Xunta co desexo de que “se relaxe a situación e se recuperen aforos e horarios. Cremos que ten que actuarse con criterio de relaxación das normas e baixaremos as restricións todo o que a Xunta nos permita”. Con todo, apelou á prudencia da cidadanía viguesa que o “está facendo moi ben”.
venres, 22 out 2021
O Concello mellorará a seguridade de peóns e vehículos no tramo que comprende entre a rotonda de Beade e a primeira rotonda de acceso ao hospital, logo de ter aprobada a primeira fase que abarca o frontal do Álvaro Cunqueiro.
venres, 22 out 2021
O alcalde achegouse este venres á biblioteca municipal para coñecer a primeira das sesións organizada co fin de fomentar a lectura entre os usuarios de Afaga coa axuda de cans terapéuticos.
venres, 22 out 2021
Abel Caballero achegouse este venres a coñecer as novas instalacións da oficina principal da entidade bancaria na rúa do Príncipe. Igor de las Heras, director de área de CaixaBank en Vigo e Sonia Sebastián, directora da oficina Store Príncipe guiaron ao rexedor polo espazo que vén de ser remodelado e presentáronlle os servizos que prestan desde a sede.
venres, 22 out 2021
Abel Caballero mantivo un encontro cun grupo de traballadoras da antiga tenda da marca situada na rúa Príncipe. Segundo lle trasladaron, foron despedidas tras o peche do establecemento o pasado 28 de agosto. A empresa indicoulles que non podía recolocalas xa que non estaba previsto abrir outra tenda en Vigo, pero posteriormente abrírona no centro comercial Vialia. O alcalde considera que a empresa “ten que atender a estas traballadoras porque non foron tratadas con lealdade” e transmitiulles o seu apoio ante a situación na que se atopan.