Escoitar

O MARCO inicia a súa programación didáctica para tódolos públicos

O alcalde avanzou este venres algunha das actividades que desenvolve o Museo de Arte Contemporánea durante este trimestre que serán de balde e para as que será preciso realizar inscrición previa.

venres, 15 out 2021
O rexedor durante unha visita ao MARCO
O rexedor durante unha visita ao MARCO

A programación será para tódolos públicos co obxectivo de configurar “unha nova forma de vivir o museo”, en palabras do rexedor.

Haberá visitas e talleres para escolares de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato que xirarán ao redor da exposición “Din Matamoro. La mirada encendida” que ofrece múltiples posibilidades educativas.

Ademais, o Marco programa visitas e talleres para asociacións e grupos con necesidades específicas ao redor das exposicións temporais e outros contidos do museo e talleres para adultos, que é unha novidade deste ano e que nace con vocación de continuidade. Amais, os sábados organiza obradoiros para público infantil, de entre 3 e 12 anos, na sala de didáctica situada no Espazo Anexo do museo.

Descargar todas as imaxes