As visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró comezan o 17 de outubro

Mañá sábado, día 5, ás 10 horas abre o prazo para realizar a inscrición na oficina de turismo municipal da Estación Marítima. Concepción Arenal, Irene Ceballos ou Cachamuíña guiarán as visitas polo camposanto en grupos de 25 persoas.

venres, 4 out 2019
1570193997visitacementerioPereiro.jpg
O alcalde de Vigo informou este venres de que as visitas guiadas teatralizadas ao Cemiterio de Pereiró desenvolveranse ao longo de 21 días dos meses de outubro e novembro. En concreto, poden reservarse os días 17, 18, 19 e do 24 ao 31 do mes presente e os días 2, 3, 7, 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de novembro.

As visitas ao cemiterio de Pereiró son guiadas por profesionais e ademais contarán coa teatralización de catro personaxes históricos da cidade: Concepción Arenal, a Marquesa de Valladares, Irene Ceballos e Bernardo González del Valle, Cachamuíña. Comezan ás 19 horas, son gratuítas e realízanse en grupos de 25 persoas.

Desde este sábado 5 de outubro ás 10 horas da mañá, as persoas interesadas poden realizar a inscrición a través da oficina de turismo municipal da Estación Marítima.
1570193997visitacementerioPereiro.jpg
1570194011visitaPereiro.jpg
Descargar todas as imaxes