O MARCO inicia un Ciclo de películas clásicas da historia do cinema
A partir deste venres, o MARCO inicia unha nova actividade da man do cineclube Sunset Boulevard. Un ciclo de proxeccións de grandes clásicos da historia do cinema, unha vez ao mes, cun total de dez sesións repartidas entre outubro de 2019 e xuño de 2020.
En cada sesión, a proxección do filme (VOSE) está precedida dunha presentación, e seguida dunha análise e coloquio durante o que se tratarán e debatirán os aspectos máis relevantes das obras, procurando un tono divulgativo e didáctico.
A primeira sesión, este venres 4 outubro, estará dedicada aos pioneiros do cinema (irmáns Lumière, Segundo de Chomón, Georges Méliès), con atención especial á figura de Alice Guy, a gran olvidada.
Dirección, selección películas e charlas-coloquio: Alexandre Escariz Covelo, Jaime Fernández Gutiérrez, Álvaro Martín Gallego
Lugar: salón de actos
Horario: VENRES, de 18.00 a 21.00
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo en cada sesión
Descargar todas as imaxes