Escoitar

"Estar de Ocio" retoma a oferta de actividades xuvenís desde o 11 de outubro

O programa de ocio xuvenil desenvolvido polo Concello volve activarse, logo do descanso estival, con propostas para as fins de semana da mocidade entre 13 e 17 anos.

xoves, 3 out 2019
Co obxectivo de previr o consumo de substancias estupefacientes e outras adiccións e fomentan un estilo de vida positivo a través de actividades lúdicas e participativas que promovan as relacións de respecto e igualdade, o Concello ten en marcha o programa "Estar de ocio", que desenvolve actividades de diferentes disciplinas durante as fins de semana para a mocidade de entre 13 e 17 anos, residentes en Vigo.

A Casa da Xuventude acolle dende o vindeiro venres 11 de outubro, as propostas da nova temporada coa previsión de continuar ata o mes de decembro, dende os venres e ata os domingos, entre as 17:00 e as 21:00 horas.

As mozas e mozos poderán elixir entre diferentes actividades: obradoiros de hip hop, talleres de cultura asiática (akv events, random, play, karaoke), obradoiros de manga (cómic, videoxogos), taller de rap e de produción musical; eventos como jams de baile (baile improvisado), batallas de freestyle, scape room, karaoke xaponés e talleres puntuais con blogueiras/os coñecidos.