O alcalde destaca a tecnoloxía do novo Peugeot 2008 e o valor engadido dos profesionais de PSA Vigo
A factoría de Balaídos acolleu este mércores o acto de lanzamento do novo vehículo, un SUV compacto producido en Vigo sobre o que Abel Caballero subliñou a súa "extraordinaria tecnoloxía" e o "valor engadido" que achegan os traballadores e traballadoras da planta viguesa.
O evento contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a varios membros do seu goberno, o delegado de Zona Franca, David Regades, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o director do centro de Vigo de PSA, Ignacio Bueno, e do proxecto, Jerome Vuillerme.
Na súa intervención, Abel Caballero puxo énfase na "extraordinaria tecnoloxía" que incorpora o novo Peugeot 2008, pensado "para o segundo cuarto do século XXI" e vaticinou que será un "éxito total". O rexedor aplaudiu o "valor engadido" que achegan os profesionais da planta de Balaídos a un coche que reúne "todos os estándares de calidade, confort e seguridade".
Por último, o alcalde valorou que este lanzamento e froito "de tantos anos de traballo, de cooperación, de tecnoloxía e de esforzo", que marcará "unha etapa tan importante do futuro e da economía desta cidade e deste territorio", polo que felicitou aos impulsores do proxecto e aos empregados da factoría.
Balaídos adxudicouse a produción en serie do novo Peugeot 2008, vehículo que sitúa ao centro de Vigo á vangarda do segmento SUV compacto, un dos de maior crecemento tanto no ámbito automobilístico español como europeo e mundial. O seu lanzamento está previsto para finais deste ano e Vigo producirao para o mercado continental.