O alcalde destaca a Feira Conxemar como "o mellor exemplo de entender o mundo global"
Abel Caballero participou este martes no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) na inauguración da XXI Feira de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar). O alcalde destacou a cita pesqueira como un referente mundial na pesca e felicitou á organización por converterse en "heroes" porque son capaces "ano tras ano, de superar os problemas e levar adiante a feira".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na inauguración da XXI Feira de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) nun acto celebrado no Ifevi coa presenza do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. O rexedor felicitou aos organizadores e destacou que a feira "é o mellor exemplo do libre comercio".
"Acender cada ano a luz verde de Conxemar é un éxito moi importante que xera sensacións e emocións, porque a cita transcende ao comercial é convértese nunha forma de entender a pesca, transcende ao medio ambiente, á querenza e conservación do planeta, é unha forma exemplar de entender a globalidade, de entender as relacións de comercio na competencia", sinalou Caballero durante o seu discurso.
A inauguración levouse a cabo no auditorio de Ifevi, onde estiveron representadas todos sectores económicas e da pesca da cidade, así como representantes das administracións públicas. "Quero transmitir a miña felicitación aos que compoñen Conxemar, encabezados por José Luis Freire, porque son heroes capaces, ano tras ano, de superar todos los problemas e levar adiante a feira", sinalou.
Abel Caballero comprometeu o seu total apoio a unha nova ampliación do Ifevi e lembrou a ameaza que superou Conxemar "porque todos xuntos creedes no que estades facendo". O alcalde tamén avogou polo respecto ao mar, á pesca e ao medio ambiente, desexando unha longa vida a Conxemar nunha cidade de Vigo que "criouse coa pesca e vive para a pesca".
Descargar todas as imaxes