Escoitar

O BOE publica mañá o convenio entre o Concello e Fomento para a reforma da Avenida de Madrid

Segundo informou hoxe o rexedor, o texto do convenio foi asinado o pasado venres polo Ministro de Fomento en funcións e recolle un orzamento total de 13.478.559 euros de investimento na obra.

luns, 30 set 2019
1569845636300919AlcaldeConvenioAvdMadrid.JPG
Tal e como contempla o convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Fomento, o Ministerio pagará dous terzos da obra, é dicir, 8.895.000 euros, e o Concello aboará un terzo da mesma, é dicir, 4,4 millóns de euros das obras de adecuación e mellora da Avenida de Madrid que teñen un importe total de 13.478.559 euros.

A redacción do proxecto da obra foi realizada pola Dirección Xeral de Estradas por un importe de 285.000 euros e a partir de agora será o Concello o que licitará a executará as obras sendo responsable tamén da vixilancia do correcto desenvolvemento das mesmas.
Descargar todas as imaxes