Escoitar

O goberno de Vigo achega 850.000 euros en subvencións a entidades deportivas de base

Segundo informou este venres Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión de onte a resolución da convocatoria, por concorrencia competitiva, de axudas aos clubs para a tempada deportiva, por importe total de 850.000 euros.<br />

venres, 27 set 2019
1569587716ruedaok.JPG
A convocatoria municipal presenta un orzamento de 850.000 euros, resólvese por concorrencia competitiva e os destinatarios das axudas son clubs, asociacións, agrupacións e entidades deportivas de base.

O Concello de Vigo conta cunha segunda partida de subvencións directas a clubs, desta volta para entidades deportivas de elite no desenvolvemento da súa actividade na tempada deportiva. A cantidade ascende neste caso aos 605.000 euros, tal e como recordou o alcalde.

Auga
Na mesma rolda de prensa, Abel Caballero deu conta do volume de auga embalsada nos encoros de Eiras e Zamáns. Eiras atópase actualmente ao 73,6% da súa capacidade, cando hai un ano estaba ao 70,9%; Zamáns, pola súa banda, está ao 69% polo 61,8% da mesma data do 2018. O alcalde trasladou que a situación das presas ofrece "comodidade e tranquilidade" mais confirmou que o Concello continuará cos baldeos en días alternos como medida de "chamamento" ao "consumo responsable" por parte dos consumidores.
Descargar todas as imaxes