O alcalde salienta o "extraordinario de ver convivir a obra de dous grandes artistas" no MARCO
O MARCO inaugurou este venres dúas mostras individuais "Sombras e paradoxos" de Jorge Martins e "O salón dos espellos" de Eduardo Gruber coas que retoma o seu programa expositivo.
Durante o acto, Abel Caballero celebrou a "nova etapa, con novo director" do MARCO que se abre coa mostra de "dous artistas xeniais, Gruber e Martins, que se converteron en parella de feito pola vía da realidade que os xuntou nun Museo que ve como conviven as obras", e destacou o "extraordinario" desta convivencia como "unha mostra da xenerosidade da arte e dos artistas".
O rexedor felicitou aos dous comisarios polo labor desenvolvido para concibir a exposición e agradeceulle a Jorge Martins e a Eduardo Gruber que compartan "a súa esencia en Vigo, xa que o debuxo, a pintura ou a obra, é o corazón, a esencia dos artistas".
Caballero apuntou que "a historia da humanidade é a do desenvolvemento da cultura, que traza o seu propio camiño e este é o obxectivo que queremos que o MARCO siga cumprindo" como "marabilloso contedor", poñendo en valor o éxito da exposición "Destacadas" que vén de pecharse no museo.
"O salón dos espellos" de Eduardo Gruber, situada na Galería 1 e na sala perimetral da primeira planta, reúne obras recentes, debuxos e obra sobre papel, nas que resulta central a presenza da palabra, do relato, da literatura. Eduardo Gruber (Santander, 1949), artista polifacético, ten realizado esculturas, intervencións no espazo, instalacións, escenografía e publicou varias novelas.
"Sombras e paradoxos" de Jorge Martins ocupa as salas frontais da primeira planta do MARCO e amosa, xunto a unha coidada selección dos seus debuxos, os seus cadernos de apuntes en primicia. A obra de Jorge Martins (Lisboa, 1940), poética e esencialmente abstracta, está en diálogo co mellor do debuxo europeo e americano do século XX. No MARCO vaise presentar un libro de artista que recolle, por primeira vez, a súa obra literaria.