luns, 23 set 2019
Abel Caballero participou este luns na apertura da xornada "Os retos sociais do sector pesqueiro ante o Brexit", organizada por Fundamar na sede de ARVI, xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva. O rexedor salientou a importancia de unir posicións e da necesidade do esforzo conxunto na procura de solucións ante o Brexit porque Vigo, dixo, é "unha cidade exportadora, enviamos coches e queremos seguir recibindo turistas polo que precisamos cooperación" e queremos seguir tendo relación co Reino Unido; non queremos ter aranceis que dificulten" a actividade empresarial e da pesca da cidade.
luns, 23 set 2019
O alcalde deu conta hoxe luns do bo funcionamento das reservas online coa Pass Vigo os autobuses turísticos que funcionaron a pasada fin de semana. Cubríronse as 800 prazas que ofertaban de xeito gratuíto o histórico Cometa e o bus Turístico.
luns, 23 set 2019
Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Vigo a preto de dous centenares de estudantes vigueses que viaxaban ao Reino Unido para gozar da bolsa municipal de inmersión lingüística, un programa ao que o Concello dedica 2,2 millóns de euros.
luns, 23 set 2019
O goberno local fará efectivas as achegas incluídas dentro do chamado "Cheque social" do que se beneficiarán 1.612 familias cun importe total de axudas que se eleva ao 1,6 millóns. O xoves comezará a entrega das tarxetas de alimentación e o venres realizaranse as transferencias para o pago de subministros, alugueiro ou hipotecas.
luns, 23 set 2019
Abel Caballero despediuse este luns de Manuel Vázquez López, xefe superior de Policía de Galicia que vai cesar no cargo con motivo da súa xubilación. O rexedor recoñeceulle o seu "bo traballo e acción e o bo labor que desenvolve a Policía Nacional na cidade" así como a "importante contribución que supón o seu papel para a tranquilidade e o clima de seguridade en Vigo".
luns, 23 set 2019
Abel Caballero avanzou este luns que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo retoma o seu su programa expositivo e inaugura dúas mostras individuales dos artistas Jorge Martins e Eduardo Gruber. Ademais, o alcalde informou de que desde o mes de maio ata setembro pasaron máis de 18.000 persoas polo museo vigués.