Abel Caballero, reelixido por unanimidade como presidente da FEMP
O alcalde de Vigo foi elixido por segunda vez consecutiva como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) no Pleno constitutivo da entidade celebrado o pasado sábado en Madrid.
Abel Caballero foi reelixido este sábado como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) no Pleno da entidade celebrado en Madrid. Alí, miles de alcaldes e alcaldesas estarán representados na asemblea xeral na que se definiu o proxecto para os próximos catro anos.
A candidatura de consenso do alcalde de Vigo saíu adiante coa unanimidade de cinco grupos políticos (PP, PSOE, Unidos Podemos, Ciudadanos e Esquerda Unida) e resultou por aclamación. "Nos tempos que circulan conseguir isto é unha mostra da forza do municipalismo, temos diverxencias con ámbitos ideolóxicos distintos, pero compartimos a importancia da mobilización municipalista", sinalou.
Este luns, en rolda de prensa, Caballero destacou que na asemblea quedaron marcados os obxectivos para os vindeiros catro anos, coas reformas lexislativas que dean competencias e financiamento co teito de gasto, superávit e investimentos sostibles de 2.000 millóns que o Estado ten recoñecidos aos municipios.
"A medio prazo está a reforma do financiamento municipal, porque non aceptamos competencias de comunicades autónomas sen financiamento, como a lei de prevención de incendios da Xunta que se desvía aos concellos sen un so euro", apuntou o rexedor vigués como unha das reivindicacións dos municipios.