Éxito das reservas online coa Pass Vigo nos autobuses turísticos na Semana da Mobilidade
O alcalde deu conta hoxe luns do bo funcionamento das reservas online coa Pass Vigo os autobuses turísticos que funcionaron a pasada fin de semana. Cubríronse as 800 prazas que ofertaban de xeito gratuíto o histórico Cometa e o bus Turístico.
A fin de semana pasada o Concello puxo a disposición da cidadanía de xeito gratuíto o autobús histórico Cometa e o Turístico. O proceso de reserva, que funcionou moi ben, foi a través da Pass Vigo e cubríronse as 800 prazas dispoñibles.
Outra das iniciativas con motivo da Semana da Mobilidade foi a gratuidade da Liña C1, que foi usada por 1.422 persoas. O rexedor deu conta tamén da inaguración o pasado xoves do primeiro tramo co carril bici entre Samil e Teis.