Escoitar

O Concello comezará a entregar o xoves as 1.612 tarxetas de alimentación do "Cheque social"

O goberno local fará efectivas as achegas incluídas dentro do chamado "Cheque social" do que se beneficiarán 1.612 familias cun importe total de axudas que se eleva ao 1,6 millóns. O xoves comezará a entrega das tarxetas de alimentación e o venres realizaranse as transferencias para o pago de subministros, alugueiro ou hipotecas.

luns, 23 set 2019
O xoves 26 de setembro o Concello comezará coa entrega das tarxetas de alimentación incluídas dentro do chamado "Cheque social", dotado con 1,6 millóns. Unha vez notificados aos 1.612 beneficiarios, estes poderán solicitar cita para recoller a súa tarxeta a partir de mañá no servizo 010 ou na páxina web municipal. A previsión é atender a unhas 120 persoas ao día.

Así mesmo, o venres faranse efectivas as transferencias para o pago do alugueiro ou hipotecas, así como de subministros (auga e luz).

O Goberno local adxudicou 1.612 achegas para vivenda, alimentación e subministros cun montante económico de 1,6 millóns. A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas de emerxencia para desafiuzamentos, o que eleva a partida anual para políticas de vivenda ascende a 2,5 millóns.