martes, 24 set 2019
O Concello de Vigo pon en marcha esta semana o Desafío Cultural Illas Cíes que levará ao arquipélago a seis fotógrafos e seis equipos audiovisuais para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade. Os seleccionados traballarán de xoves a domingo para crear as súas producións artísticas que posteriormente serán expostas.
martes, 24 set 2019
O alcalde trasladou este martes os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondentes ao turismo en Vigo en agosto. A cidade rexistrou o pasado mes 122.657 pernoctacións, un 8,5% máis que en agosto do pasado ano, o mellor agosto desde que existen rexistros no INE.
martes, 24 set 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Club Atletismo Veteranos de Samil, Modesto Comesaña, e por patrocinadores privados e atletas, presentou a primeira edición da Popular Praia de Samil-Memorial Alfonso Varela, que se vai correr este domingo polo areal urbano vigués (10,30 horas).