O Concello investirá 120.000 euros para simplificar a tramitación electrónica coa administración local
O goberno local implementará unha actualización do servizo de rexistro para simplificar a relación da cidadanía co Concello. Cun orzamento de 120.000 euros, o obxectivo é reforzar o servizo electrónico para o público.
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo para o desenvolvemento da actualización do rexistro municipal do Concello. Cun orzamento de 120.000 euros, o obxectivo é seguir reforzando o servizo electrónico para os cidadáns cun novo sistema informático de Rexistro entrada/saída facilitando e simplificando a relación da cidadanía co Concello.
Este novo modelo, ademais de beneficiar as relacións externas da administración local cos cidadáns e as empresas, mellorará a conectividade interna. Trátase dun avance na automatización do funcionamento do rexistro municipal, reducindo os tempos e as cargas administrativas.