xoves, 26 setembro 2019

Vigo contará cun servizo de inspección aérea para supervisar a limpeza das franxas secundarias

xoves, 26 set 2019

O goberno local supervisará a través de satélite a limpeza das máis de 34.000 parcelas incluídas no Plan de prevención de defensa contra incendios forestais do Concello de Vigo. A Xunta de Goberno vén de aprobar provisionalmente un documento que delimita a rede de faixas secundarias que deben ser atendidas polos propietarios das fincas e nas que actuará o Concello de xeito subsidiario se fora preciso.

O Concello recibe o premio de Hostelería e Turismo de Galicia polas luces do Nadal

xoves, 26 set 2019

A iluminación navideña da cidade vén de ser recoñecida no transcurso da XVII Gala do Turismo e Gastronomía de Galicia que congregou a diferentes profesionais do sector turístico galego. Abel Caballero comunicou este xoves a recepción do premio que "aceptamos coa satisfacción de crer que estamos facendo un bo traballo e agradecémolo moito".