Aprobada a reforma dos campos da Mina, San Andrés e Sárdoma cun investimento de 697.000 euros
Abel Caballero deu conta este xoves da adxudicación en Xunta de Goberno Local das obras dos campos de fútbol do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma por un importe total de 697.000 euros. A actuación está incluída no convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para 11 campos e 4 pavillóns.
A Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves a reforma dos campos de fútbol de Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma cun importe total de 697.000 euros. Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, o Concello deu o visto e prace para que comecen as obras nas tres instalacións, incluídas no convenio coa Deputación de Pontevedra para 11 campos e 4 pavillóns de deportes.
"Non hai ningún precedente na cidade sobre unha iniciativa para o arranxo dos campos de fútbol, estamos moi satisfeitos", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Caballero lembrou que xa están acabadas as obras dos campos de Candeán, Meixoerio, Navia, Bouzas e A Bouzas e están pendentes as reformas de Fragoselo, Carballal, A Guía e O Vao.
Ademais, está en proxecto a mellora de alumeado e augas pluviais en Samil e xa están acabadas as obras en outros dous campos non municipais, os de Valadares e San Miguel de Oia. Por último, o vindeiro ano tamén se acometerán os traballos no campo de Matamá. "Son en total 16 campos cun investimento de 10 millóns de euros", puntualizou o alcalde.