Escoitar

O alcalde apela á unión e o esforzo conxunto para facer fronte ao Brexit

Abel Caballero participou este luns na apertura da xornada "Os retos sociais do sector pesqueiro ante o Brexit", organizada por Fundamar na sede de ARVI, xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva. O rexedor salientou a importancia de unir posicións e da necesidade do esforzo conxunto na procura de solucións ante o Brexit porque Vigo, dixo, é "unha cidade exportadora, enviamos coches e queremos seguir recibindo turistas polo que precisamos cooperación" e queremos seguir tendo relación co Reino Unido; non queremos ter aranceis que dificulten" a actividade empresarial e da pesca da cidade.

luns, 23 set 2019
1569243024230919AlcaldeArvi_01.JPG
Descargar todas as imaxes