A ordenación provisional permite construír a 48.000 propietarios e recuperar o 70% do solo edificable na cidade
O alcalde deu conta da publicación no BOP da chamada ordenación provisional, un instrumento que permitirá recuperar o 70 por cento do solo edificable na cidade. Serán 48.000 propietarios de parcelas os que poderán construír nun total de 23.000 m2.
O Boletín Oficial de Pontevedra publicou hoxe venres a aprobación definitiva do instrumento de medidas provisionais de ordenación, fiscais e administrativas o que supón "pola vía do feito a aprobación do Plan Xeral" dado que permitirá construír no 70% do solo edificable na cidade. Con este instrumento son 48.000 os propietarios de parcelas que recuperarán a capacidade de edificar que lles outorgaba o PXOM de 2008. Son 23.000 m2 de solo que, unido ao planeamento vixente no Casco Vello, Bouzas ou no ensanche significa a posibilidade de construír o 70% do solo susceptible de ser edificado. "É unha gran noticia, porque a partir de agora, a situación é a mesma que se se aprobara un novo plan xeral", concluíu.