Concello e Deputación abren en Coia o primeiro quilómetro e medio do novo carril bici
Este xoves se inaugura o primeiro tramo, ao longo de toda a Avenida de Castelao, desde a Praza de América ata Tomás Paredes. O alcalde avanzou que dentro de algo máis dun mes e medio estará dispoñible o carril entre a Praza de Independencia e a Gran Vía, para abrir "tres ou catro semanas despois" o tramo de Venezuela e Pizarro ata o cruce dos choróns.
Na tarde deste xoves ponse en funcionamento o primeiro tramo do carril bici que promoven Concello e Deputación entre Teis e Samil, vía ciclista á que os gobernos dirixidos por Abel Caballero e Carmela Silva adican máis de catro millóns de euros.
Segundo explicou o alcalde, o carril ten dous metros e medio de ancho, conta con sinalización horizontal e vertical, e estará aberto ao longo da Avenida de Castelao, 1,5 quilómetros entre a Praza de América (integrado na renovada Praza do Emigrante) e o cruce con Tomás Paredes (xunto á reformada zona do volcán de Coia).
En algo máis de mes e medio, avanzou Caballero, Concello e Deputación abrirán aos ciclistas un novo tramo de carril bici, o comprendido entre a Praza de Independencia e a Gran Vía; e "tres ou catro semanas despois", engadiu, Venezuela e Pizarro ata o cruce dos Choróns, para posteriormente continuar na Travesía.
A vía ciclista "se financia cun convenio entre a Deputación e o Concello", recordou Caballero, acordo segundo o cal o goberno provincial "paga 3,5 millóns e o Concello uns 900.000 euros". O alcalde puxo en valor que a obra inclúe ademais humanizacións no entorno polo que transcorre este carril.