O Concello inaugura o macroparque infantil de Maruja Mallo no que investiu 400.000 euros

O alcalde detallou que o seu goberno instalou vinte elementos novos de xogo, entre os que hai xogos inclusivos, e que se mellorou a iluminación LED na praza, situada no Calvario.

mércores, 18 set 2019
1568829838mallo10.jpg
Abel Caballero participa este mércores na inauguración do macroparque infantil na Praza Maruja Mallo, no Calvario, no que o goberno municipal investiu 400.000 euros e que sitúa á cidade, dixo, como "a que máis macroparques infantís ten de España".

O espazo conta con 20 elementos novos de xogo para nenas e nenos que van dende unha tirolina dobre ata xogos de equilibrio e xogos inclusivos, nunha superficie con chan de caucho amortecedor con colores pintorescos. Amais, coa obra, o Concello mellorou a iluminación LED en toda a praza.

O alcalde apuntou tamén que están a piques de rematar as obras do parque de Jenaro de la Fuente, que teñen un orzamento de 500.000 euros, e que se sumará á oferta para nenas e nenos vigueses que teñen xa "establecida en Vigo a ruta dos macroparques infantís". Sinalou Caballero o investimento municipal no macroparque de Navia (1,1 millóns de euros), o de Venezuela, cun importe de 766.000 euros, e o de Pedro Alvarado, que tivo un importe de 500.000 euros. Amais explicou que o goberno municipal ampliou os macroparques de Independencia, Barreiro e Bouzas por 200.000 euros cada un.
1568829838mallo10.jpg
1568829852mallo2.jpg
Descargar todas as imaxes