O goberno municipal apoia a manifestación "Emerxencia feminista contra as violencias machistas"
O alcalde anunciou que o MARCO e a Casa das Artes estarán iluminados mañá venres de cor violenta para sumarse a esta marcha a nivel nacional que, na cidade, sae ás 21 horas desde a praza da Pedra.
Abel Caballero explicou que a "Emerxencia machista contra as violencias machistas" é unha campaña que se desenvolve a nivel nacional e que convoca actos en toda España mañá venres. EN Vigo, a manifestación parte dende a praza da Pedra ás 21 horas.
Está promovida por diferentes colectivos feministas en contra dos actos que atentan contra a liberdade, a vida e a integridade das mulleres "e en contra de calquera tipo de violencia machista", tal e como apuntou o rexedor que adiantou que o goberno municipal estará representado mañá na manifestación.
Ademais, Caballero apuntou que en Vigo "para darlle maior visibilidade á manifestación, iluminaremos de color violeta os edificios do MARCO e da Casa das Artes" engadindo que as persoas que se sumen poden levar roupa negra, un pano ou cinta violeta e unha luz da mesma cor para contribuír á proposta desta noite violeta.