Escoitar

O III Festival Rock Concello de Vigo, o 19 de outubro no IFEVI

O alcalde anunciou que Sober, Ñu ou O’Funkillo son algúns dos grupos que compoñen o cartel do festival que celebra a súa terceira edición este ano "dado o éxito" das dúas anteriores edicións.

xoves, 19 set 2019
1568898096rock.jpg
"Seguimos co novo festival de rock, dado o éxito moi importante das edicións anteriores celebradas tamén no IFEVI" apuntou o rexedor vigués, que anunciou o cartel e a data do III Festival Rock Concello de Vigo. Celébrase o sábado 19 de outubro dende as 20:00 horas da tarde no Instituto Feiral de Vigo.

SOBER, ÑU, O’Funkillo, Motores e Quarzum son as bandas que conforman o cartel desta edición para que se poderán mercar entradas na web Woutick.es ou de forma presencial nas tendas Discos Elepé en Vigo e Musical Pontevedra en Pontevedra. O prezo é de 23 euros máis gastos de forma anticipada e 27 euros en na billeteira.
Descargar todas as imaxes