O alcalde aposta polo compromiso social no Congreso de Sostibilidade previo a Conxemar
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns na inauguración do Congreso de Sostibilidade Social no marco da Feira Conxemar que se celebra esta semana na cidade. No seu discurso o rexedor apostou polo como compromiso social e o respecto aos mares. Caballero deu a benvida aos participantes dunha cita á que asisten expertos de primeiro nivel mundial, entre os que están máximos representantes da FAO, Organización Internacional do Traballo, GAA ou Thai Union, ademais de altos cargos do sector privado.