Escoitar

Villa Solita acolle este sábado un festival de música gratuíto cunha decena de artistas

Coa colaboración do Concello, este sábado 5 de agosto ás 20h terá lugar a primeira edición de "Cantares polo Camiño", na rehabilitada finca de Alcabre, e con entrada de balde ata completar aforo. Este luns presentouse este evento, que ofrece dúas horas de música en acústico a cargo dunha decena de autores.

luns, 30 set 2019
1569861547DSC08824.JPG
A sala de prensa do Concello acolleu este luns a presentación do Festival, que conta coa apoio do Concello de Vigo, entre outros colaboradores. Segundo explicou o organizador do evento, Tincho Fernán, a proposta ofrece dúas horas de música e unha decena de artistas, que interpretarán dous temas cada un en formato acústico.

O público asistente poderá gozar das actuacións de La Tronka Jazz Quartet, Sheila Patricia, Los Marcianos, Ari Magritte, Époje Tatum, Walter Cesar, Nos Molsom, Antonio Tato, Ritmoceronte e o propio Tincho Fernán. A entrada será gratuíta ata completar aforo.
Descargar todas as imaxes