Vigo contará con dous "photocall" con letras xigantes para a campaña de Nadal
O Concello de Vigo presentou este xoves a nova marca da campaña de Nadal 2019. O logo, ilustrado cos adornos que se instalan nas rúas de Vigo, tamén estará presente en dous "photocall" con letras xigantes en Urzaiz e Praza da Pedra. O lema, segundo desvelou o alcalde, será "Vigo, onde vive o Nadal".
O Concello de Vigo presentou este xoves a nova marca da campaña de Nadal de este ano e o lema que lucirá en todos os produtos de merchandising. Ademais, avanzou que haberá dous "photocall" con letras xigantes na rúa Urzaiz, preto da Farola, e na Praza da Pedra.
Vigo contará este Nadal cunha imaxe de marca que se verá plasmada en dúas "photocall" de dous metros de alto que actuarán como reclamo para os visitantes. O Concello traballou nas últimas semanas no deseño das letras e o logotipo, que servirán para facer "merchandising e publicidade".
O logotipo foi creado cos principais elementos da iluminación do Nadal. Así, unha árbore invertida forma a "V"; a caixa de agasallo da Gran Vía para o "I"; a bóla xigante da Farola está presente no "G" e o boneco de neve que estivo na Alameda decora a "O".
Ademais, o lema da cidade para a campaña será "Vigo, onde vive o Nadal", que irá en galego, castelán e inglés.