O tráfico de pasaxeiros no aeroporto de Vigo creceu un 19% durante o mes de marzo
Abel Caballero informou de que o aeroporto de Vigo experimentou durante o pasado mes de marzo un aumento do 19 por cento no número de pasaxeiros respecto ao mes anterior. Na comparativa co ano 2018, no primeiro trimestre tamén creceu un 4,3%.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa sobre os datos rexistrados polo aeroporto de Vigo durante o pasado mes de marzo e o primeiro trimestre de 2019.
Segundo as últimas estatísticas, o aeroporto de Vigo rexistrou un total de 227.941 pasaxeiros no primeiro trimestre do ano, un 4,3% más que hai un ano. Neste prazo, foron operados 2.644 voos, un 3,5% máis que no mesmo período de 2018.
No caso dos datos do mes de marzo, pasaron por Vigo un total de 84.812 pasaxeiros, un 19% por cento respecto ao mes de febreiro deste ano e un 0,8% máis que en marzo de 2018.