luns, 8 abril 2019

O alcalde visita o CEIP Santa Tegra de Teis

luns, 8 abr 2019

O alumnado e profesorado do centro sorprendeu ao rexedor cantando unha regueifa composta por eles na que recolleron as necesidades do centro educativo e da parroquia co fin de solicitar a colaboración do goberno municipal. Ademais, Abel Caballero foi entrevistado por un grupo de escolares que se interesaron pola súa traxectoria política e pola súa vida persoal.