Escoitar

Policías locais agradecen a Abel Caballero a xubilación anticipada

O alcalde de Vigo recibiu este venres no Concello a dous axentes da Policía Local de municipios de Ciudad Real e Sevilla que quixeron agradecer a súa mediación para lograr a xubilación anticipada.

venres, 5 abr 2019
1554468898050419Policias_01.JPG
Abel Caballero, recibiu este venres a visita de dous policías locais, un de Ciudad Real e outro de Sevilla, para agradecerlle a consecución como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a alcalde de Vigo da xubilación anticipada para os policías de toda España.

Os dous axentes, de 61 e 62 anos, xa están xubilados grazas á medida aprobada polo Goberno central e desprazáronse desde as súas cidades para transmitir o seu agradecemento.

"A xubilación ten un custe para os concellos, pagamos unha parte da cantidade,, pero considero que son recursos magnificamente ben utilizados, a xubilación anticipada antes do 65 era de todo punto imprescindible", dixo Caballero antes de lembrar que o xoves estivo con outro policía local de Vigo que xubilouse aos 59 anos.
Descargar todas as imaxes