venres, 5 abr 2019
O alcalde de Vigo recibiu este venres no Concello a dous axentes da Policía Local de municipios de Ciudad Real e Sevilla que quixeron agradecer a súa mediación para lograr a xubilación anticipada.
venres, 5 abr 2019
Abel Caballero asistiu este venres á inauguración da Feira SICO, Salón do Interiorismo e a Decoración que se celebra no IFEVI ata o domingo. Durante o acto destacou a importancia da construción como "núcleo da actividade humana" ao crear os espazos para vivir, sendo unha parte importante da calidade de vida da xente. Así, incidiu na necesidade de apoiar a obra pública desde as institucións ao ser un sector dinamizador da economía e o territorio.
venres, 5 abr 2019
"Estarde Ocio" comeza esta tarde na Casa da Xuventude con propostas de ocio para adolescentes de entre 13 e 17 anos. Música, obradoiros de grafitti, rap, regueifas, poesía ou capoeira son só algunhas das actividades das que se poderán beneficiar uns 13.000 mozos e mozas da cidade.
venres, 5 abr 2019
O obxectivo das subvencións é o fomento do asociacionismo e a participación cidadá. Poden solicitarse tamén as axudas de Igualdade a entidades deportivas con licenzas femininas, cun importe de 45.000 euros.
venres, 5 abr 2019
Durante a clausura do programa "Diálogos que impulsan" no que influencers como David Meca ou Pau García Milá compartiron con empresarios de Vigo experiencias motivadoras, o rexedor destacou a capacidade empresarial e económica da cidade.
venres, 5 abr 2019
O Concello vén de recibir o escrito que sinala que os pavimentados de Areal, Luis Taboada, Carral e Victoria precisan de autorización de Patrimonio Histórico, cando o informe da arqueóloga municipal exime das catas ao tratarse de renovar o asfalto, como se fixo na Praza de Compostela. Abel Caballero censurou unha "agresión continua a Vigo" por parte da Xunta de Galicia.
venres, 5 abr 2019
Abel Caballero destacou a importancia do traballo realizado pola empresa no seu décimo aniversario e trasladoulle ao xerente, Rubén Domínguez, o "orgullo" da cidade polo éxito conseguido. Baixo o lema "Vivencia. El valor de las experiencias", FORBE celebrou hoxe unha xornada na que compartirá as experiencias inspiradoras de Albert Espinosa, Moncho Fernández, Chus Lago, Borja Oubiña ou Desiré Vila, entre outros.