martes, 2 abril 2019

Aberta a nova pista de skate municipal en Navia

martes, 2 abr 2019

Desde este luns está en funcionamento a nova pista de skate, BMX e Roller Vert Vall no barrio de Navia. As novas instalacións construídas polo Concello de Vigo teñen unha superficie de 2.000 metros cadrados e dúas partes ben diferenciadas, Bowl e Street.

O BOE publica a convocatoria das eleccións municipais do 26 de maio

martes, 2 abr 2019

O Boletín Oficial do Estado publica na súa edición deste martes o Real Decreto que regula a convocatoria dos comicios locais, cunha campaña electoral de 15 días que comeza o 10 de maio. Tamén este martes, o Pleno sorteou as mesas electorais para as eleccións xerais do 28 de abril.

Aberto o prazo de inscrición ao curso de Introdución á Fotografía Contemporánea do MARCO

martes, 2 abr 2019

O MARCO organiza o Curso de Introdución á Fotografía Contemporánea que será impartido no Salón de actos por Vítor Vaqueiro dende o martes 30 de abril ata o 28 de maio, en horario de 19:30 a 21:00 horas. Terá un prezo de 45 euros (40€ para membros da Agrupación Amigos do MARCO e para estudantes). As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto, a través de comunicacion@marcovigo.com .

A entrega dos premios terá lugar o 17 de maio, "Día das Letras Galegas"

VII Concurso de Relatos para nenos/as convocado polo Museo Liste de Vigo

martes, 2 abr 2019

O Museo Liste de Vigo convoca o VII Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo con motivo da celabración do Día das Letras Galegas destinado aos estudantes de Educación Primaria e Educación Secudaria Obrigatoria. O prazo de presentación de traballos durará ata o 30 de abril.