O Auditorio Municipal acolle o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo
Vigo celebrou este martes o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo cun acto de visibilización no Auditorio Municipal do Concello de Vigo no que participou o alcalde. Alumnos do Colexio Menela compartiron as súas vivencias e tamén deuse lectura ao Manifesto do Día Mundial. O acto estivo amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás.