Escoitar

O Concello inicia a redacción do convenio para financiar O Marisquiño 2019

O goberno local arrancou a tramitación do convenio que permitirá formalizar a participación do Concello na próxima edición de O Marisquiño. Concretamente, a achega municipal será de 318.000 euros, cen mil euros máis que o ano pasado.

luns, 1 abr 2019
1554140301reconquista.jpg
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro con Joako Ezpeleta, director de O Marisquiño, para concretar a participación do Concello na financiamento do festival e facer unha valoración do que significa o evento na cidade. O goberno local achegará 318.000 euros, 100.000 máis que o ano pasado, mentres que a Deputación aportará 181.000 euros. Esta cantidade contrasta coa achega da Xunta de Galicia, 100.000 euros, que, porén, dedica 2 millóns de euros a concertos organizados en Santiago. Caballero lembrou que a contribución da administración autonómica é cinco veces menor que a do Concello e Deputación xuntas.
Descargar todas as imaxes