O Concello, aberto a aumentar os fondos para mellorar o proxecto da nova estación de autobuses
As condicións do goberno de Vigo son que o deseño da terminal de buses sexa compatible co de Mayne para a gran estación do AVE de Urzáiz -xa en obras- e o cumprimento da legalidade urbanística e dos prazos comprometidos. O alcalde ofrece colaboración á Xunta: "se hai que poñer máis diñeiro, se pon".
Logo de que un alto cargo da Xunta de Galicia manifestase que Concello de Vigo e ADIF albergaban "dúbidas" sobre os cambios propostos polo goberno de Núñez Feijóo no seu proxecto de estación de autobuses, o alcalde de Vigo aclarou este venres que ve "estupendo" o deseño presentado en Vigo o pasado 25 de febreiro e que o Concello está disposto a introducir melloras neste, incluso ampliando o orzamento, sempre que o resultado sexa compatible coa arquitectura de Mayne para a gran estación do AVE de Urzáiz -xa en obras- e cumpra coa legalidade urbanística e cos prazos comprometidos para a apertura do complexo.
Abel Caballero insistiu na "cooperación" do Concello de Vigo coa Xunta de Galicia para levar adiante este proxecto e melloralo. Recordou o alcalde que o deseño presentado en Vigo hai un mes -eloxiado polo propio rexedor- foi modificado en reunións técnicas posteriores, unha vez Concello e ADIF advertiron á Xunta de que "o acceso peonil non existía", que "non está previsto como se accede á venda de billetes".
Ante isto, a Xunta presentou no comité técnico de coordinación -conformado polos gobernos vigués e autonómico, ADIF e a empresa concesionaria- un cambio "radical" da terminal de autobuses, incluíndo unha prolongación das dársenas que interfería co proxecto de Mayne.
"Entendo que a Xunta volve ao proxecto inicial", afirmou o rexedor este venres, quen engadiu que o Concello ofrece "toda a cooperación para resolver todo o que sexa preciso, e se hai que mellorar, para mellorar", incluso asumindo un orzamento maior, sempre que o deseño sexa compatible coa arquitectura da estación do AVE e o centro comercial Vialia, e garanta o cumprimento dos prazos de apertura e da lei urbanística.