luns, 25 mar 2019
O informe da Federación Galega da Construción arroxa uns "datos espectaculares en favor de Vigo", indicou este luns o alcalde. O Concello suma 48 millóns, polos catro de Lugo, os cinco de Ferrol e Ourense, os sete de Santiago e os oito da Coruña.
luns, 25 mar 2019
O Concello, a través da Vigo Convention Bureau, seguirá adiante coa promoción das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, como marca turística e medioambiental da cidade. Así o explicou esta mañá o rexedor, logo de ratificar as contas da Fundación, de 483.000 euros, dos que o Concello achega 450.000.
luns, 25 mar 2019
Abel Caballero amosouse "orgullosísimo" do programa municipal de inmersión lingüística en inglés co que este ano aprenderán o idioma 1.000 estudantes da ESO e da Escola Oficial de Idiomas.
luns, 25 mar 2019
"Esta é unha gran mostra das posibilidades de emprego aos que poderedes acceder para seguir facendo Vigo desde as vosas profesións", destacou Caballero. Esta iniciativa, na que colabora o Concello e que se celebra no hall do Auditorio Mar de Vigo, foi inaugurado esta mañá polo alcalde e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
luns, 25 mar 2019
Case un centenar de músicos participarán en Vigo a partir entre o 16 e o 20 de abril no III Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo. Un certame de "gran prestixio a pesar da súa xuventude" que "pon de novo en valor o compromiso do goberno local coa música e coa cultura".
luns, 25 mar 2019
Esperan a presenza duns 10.000 visitantes e máis de 120 expositores.