O goberno local dedica 250.000 euros a seguir a impulsando Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
O Concello, a través da Vigo Convention Bureau, seguirá adiante coa promoción das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, como marca turística e medioambiental da cidade. Así o explicou esta mañá o rexedor, logo de ratificar as contas da Fundación, de 483.000 euros, dos que o Concello achega 450.000.
O Padroado da Fundación Vigo Convention Bureau aprobou esta mañá o seu orzamento, que se eleva a case 483.000 euros, dos que o Concello achega 250.000 euros o que supón que o financia case na súa totalidade. As cifras amosan que o turismo en Vigo está funcionando moi ben, grazas a promoción municipal, co mellor mes de febreiro en número de pernoctacións da historia. Tamén se referiu o rexedor aos números do aeroporto, xa que o pasado mes foi o que máis creceu de España, cun incremento dun 6,4%, moi por riba da media nacional e o mellor dato dos últimos nove anos.
Outro dos asuntos aos que aludiu o rexedor na posterior rolda de prensa foi a candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, para a que xa se conseguiron todos os requisitos necesarios, e á que o Concello adica 250.000 euros. Contrapuxo a candidatura do Concello, "que segue levando adiante a marca turística e medioambiental das Cíes" coa da Xunta, que presentou hai dous anos a súa candidatura e non fixo nada máis, o que "ratifica que so trataban de paralizar a nosa".
Descargar todas as imaxes