Escoitar

O Concello reforza o transporte e activa o Bus Turístico para a Festa da Reconquista

As liñas circulares do transporte urbano de Vigo vanse reforzar durante a vindeira fin de semana co motivo da Festa da Reconquista. Tamén entrará en funcionamento, de o xoves a domingo, o Bus Turístico. O alcalde acudiu este mércores á Reconquistiña na Praza do Berbés con centos de escolares.

mércores, 27 mar 2019
1553693282270319Reconquista.jpeg
O Concello de Vigo porá en marcha un plan especial de reforzo do transporte urbano con motivo da celebración da Festa da Reconquista, de forma que ademais dos servizos regulares, tanto diúrno como nocturno, entrarán en funcionamento servizos especiais.

Así, o sábado e o domingo, días 30 y 31 de marzo, o C1 Circular Centro ampliará o seu servizo cunha frecuencia máxima de 10 minutos. Tamén haberá un servizo especial para Reconquista cunha frecuencia media 30 minutos. O percorrido será: Teixugueiras, Porriño, Baiona, Redondela, Castelao, Camelias, P. Alfonso, P. Sol, Policarpo Sanz, Colón, Urzáiz, T. de Vigo, 193 (Rotonda Aragón). Ademais, tamén estará en funcionamento o Bus Turístico do 28 ao 31 de marzo.

O alcalde, Abel Caballero, acudiu este mércores á Reconquistiña 2019, celebrada na Praza do Berbés coa participación de 650 nenas e nenos de doce centros escolares de Vigo.
Descargar todas as imaxes