Escoitar

O goberno de Vigo solicita unha encomenda de xestión para poder asumir a conservación do Lagares

O goberno municipal reclama á Xunta que, a través da figura da encomenda de xestión, ceda ao Concello a capacidade para manter e conservar a conca do río Lagares. Tamén esixe solucións ás obras que o goberno autonómico está a desenvolver en Navia desde 2017.

martes, 26 mar 2019
1553608680260319CarideFontMociones_01.JPG
A concelleira de Urbanismo, María José Caride, criticou o estado de abandono no que Augas de Galicia ten o río Lagares, un dos principais espazos naturais da cidade que descorre integramente polo termo municipal de Vigo nos seus 16 km de percorrido. Insistiu en que non se retira materia da conca e que, ademais, as zonas de servidume non están en condicións de ser usadas polos cidadáns, con tramos practicamente "secuestrados para os cidadáns". A edil reiterou que o obxectivo do goberno é completar a senda para goce dos vigueses, para o que é preciso manter e conservar en bo estado a conca do Lagares Deste modo, Caride avanzou que o goberno local instará á Xunta a facer efectiva unha disposición legal da lei que permite encomendar a xestión do río Lagares ao Concello de Vigo, con independencia de que a competencia sega a ser autonómica.

Na mesma rolda de prensa, o edil de Seguridade, Carlos Font, denunciou de novo a situación das obras que a Xunta está a realizar no polígono de Navia que afectan ás rúas Lamelas, Pedra Seixa, Limpiño e Poza do Cabalo,,"estado lamentable", con dous anos de retraso. O grupo do Goberno levará unha moción ao próximo Pleno esixindo solucións a un problema "estético, de xestión e sobre todo, de seguridade".

Tamén se referiu hoxe Font á "ocurrencia inmoral" de que a Xunta que un concurso por 600.000 euros para colocar carteis que identifiquen como públicos dez hospitais galegos. Esta iniciativa é, no caso de Vigo, un "completo insulto", cando o centro Álvaro cunqueiro, é privado, concesionado que se paga con cargo aos Orzamentos Xerais e a empresa figura no rexistro mercantil. Insistiu en que o que queren os vigueses non son carteis senón un aparcadoiro público, así o goberno local instará a que a Consellería de Sanidade deixe sen efecto este contrato e destine ese importe á construción dun aparcamento público nas parcelas que anexas ao hospital que non son utilizadas.
Descargar todas as imaxes