Facenda garante á FEMP unha lei que asegura o uso do superávit de 2018
O Ministerio anunciou por carta que esta norma incluirá unha ampliación do catálogo de inversións financeiramente sostibles. Así o manifestou esta mañá o presidente da FEMP, logo de presidir as reunións da Xunta de Goberno e do Consello Territorial.
A FEMP recibiu do Ministerio de Facenda a confirmación de que se vai elaborar unha norma con rango de lei que garanta aos concellos a posibilidade de utilizar o superávit de 2018 neste ano 2019, e que, ademais, ese aforro poida destinarse ao ámbito máis amplo de Inversións Financeiramente Sostibles (IFS). Así o avanzo esta mañá o máximo responsable da FEMP, Abel Caballero, que anunciou que o texto da norma será similar ao proposto ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado que finalmente non recibiu a aprobación do Congreso.
Caballero, que presidiu esta mañá na sede da FEMP as reunións da Xunta de Goberno e do Consello Territorial -as últimas deste mandato municipal – manifestou tamén o apoio da Federación á concentración que vai ter lugar en Madrid o próximo domingo, 31 de marzo, en defensa da España rural e contra a despoboación que afecta a amplos territorios da nosa xeografía.
En materia económica, a Federación tamén acordou pedir a incorporación, mediante decreto, das modificacións precisas -e xa acordadas no seo da FEMP – á normativa sobre plusvalías, que permita acabar coa inseguridade xurídica á que consistorios e cidadáns se seguen a enfrontar. No transcurso de ambos encontros, tanto o presidente como vicepresidentes, voceiros e vocais da P recoñeceron o traballo realizado ao longo deste mandato, e o espírito negociador e de consenso que presidiu as reunións mantidas.
Corenta anos de democracia local
A Xunta de Goberno deu a súa aprobación á declaración institucional emitida pola FEMP con motivo dos 40 anos transcorridos desde o 3 de abril de 1979, "corenta anos de democracia local", traducidos en catro décadas de liberdade, progreso e participación cidadá. Agora, transcorridos estes anos, a Declaración engade que se prantexan "enormes retos e grandes desafíos", nun mundo que "reclama sostenibilidade" e reivindica aos Gobernos Locais como "a chave dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible". La Declaración será remitida en breve a todos os gobernos locais para a súa adopción e respaldo.
O 40 aniversario vén tamén acompañado dun logo conmemorativo no que a FEMP concilia as estrelas da democracia local coas cores do círculo de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, o que mostra o compromiso dos Gobernos Locais españois cos contidos da Axenda 2030.
Descargar todas as imaxes