O Concello apoia o Torneo Reconquista de rugby veterano, dentro dos actos da festa da cidade
A terceira edición do Torneo Reconquista de rugby de veteranos, que se disputará este sábado no campo universitario das Lagoas-Marcosende (16:00 horas), celébrase por vez primeira celebrarase en formato triangular.
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acompañado por Francisco Crusat, presidente do Melgachos Vellos Rugbiers, Néstor Torres, capitán e organizador do evento, e Pablo Emilio Nieto, xogador, avalou o traballo do club de rugby veterano, que ofrece un torneo internacional, como en 2018 e en 2016, as dúas edicións anteriores, aínda que aquelas a partido único fronte a arxentinos e galos, respectivamente.
"O torneo desenvólvese no marco das festas da cidade e é un elemento máis para enxalzar a celebración da Reconquista", explicou o concelleiro. Crusat indicou que se apostou por traer a un equipo francés seguindo o ronsel da propia festa da Reconquista e nesta oportunidade acudirá o Lles Galochards Rugby Veteran, equipo da localidade de Saint-Égreve, próxima a Grenoble e da rexión Auvernia-Ródano-Alpes. "Tralo torneo o terceiro tempo cos franceses e os vascos será no Casco Vello", anunciou.
Porque ademais do equipo galo, o Gernika Rugby Taldea pechará un cartel de luxo. O XV vasco de veteranos pertence ao club que milita na máxima categoría española. Ata a data, o arxentino Comercial Rugby Club, de Mar do Prata (2018) e o francés Saint Marcellin Sports Rugby (2016) disputaron o Reconquista ao equipo vigués.
Nos seus cinco anos de vida, o Melgachos, que fomenta o rugby para maiores de 35 anos, amosouse como unha entidade moi participativa na vida da cidade: ademais de organizar varios eventos (o Reconquista, o torneo solidario Movember e un trofeo no verán de rugby praia en Praia América, cuxa sexta edición xogarase o vindeiro 27 de xullo), tamén se deixou ver en probas atléticas solidarias como a San Silvestre ou a carreira contra a Esclerose Múltiple.
Descargar todas as imaxes