O Pleno aproba os marcos orzamentarios para o período 2020-2022
Na sesión celebrada este mércores, o edil de Facenda deu conta tamén da memoria do Tribunal Económico-Administrativo do exercicio 2018 que pechou con 282 asuntos resoltos.
A Corporación Municipal deu o visto bo hoxe mércores ao Perímetro de Consolidación e os Marcos Orzamentarios para o período 2020-2022. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, presentou o primeiro paso para a elaboración dos presuposto municipais para o ano 2020 explicando que no primeiro trimestre deste ano o Concello leva adxudicados 26,7 millóns de euros como unha "cidade que avanza e que lidera" e que ten en marcha o documento do vindeiro exercicio. Jaime Aneiros engadiu que o investimento de Vigo multiplica por 8 ao realizado polo concello de Ourense, por 6 o da Coruña e por 7 o de Santiago de Compostela, tal e como apuntan os datos da Federación Galega da Construción que expuxo.
Rubén Pérez de Marea de Vigo, criticou a execución do goberno municipal como un "problema" porque non se cumpre co que figura nos orzamentos, mentres Elena Muñoz, voceira do grupo municipal popular, cualificou de "papel mollado o documento, con datos falseados porque non inclúe os 17 millóns de euros dunha indemnización á que imos ter que facer fronte". O edil de Facenda replicou que as obras proxectadas se van rematar e lamentou as "calumnias do PP".
Ademais, o edil de Facenda deu conta da Memoria do Tribunal Económico-Administrativo do exercicio 2018 que realizou 29 sesións, con 282 asuntos resoltos, 12 ditames e 4 informes. Rubén Pérez de Marea felicitou ao Tribunal polo traballo realizado e reclamou máis recursos para o mesmo. Miguel Fidalgo, concelleiro popular, referiuse ao Tribunal como unha "herdanza positiva de Corina Porro".